sábado, 8 de marzo de 2008


COMUNICADO DE EDUCADORES POLA PAZ-NOVA ESCOLA
GALEGA CONDENANDO O ATENTADO TERRORISTA DE ETA EN
MONDRAGÓN

O colectivo Educadores/as pola Paz do Movemento de Renovación Pedagóxica
Nova Escola Galega, quere expresar a súa máis firme repulsa e condena
do atentado terrorista da banda terrorista ETA en Mondragón (Guipúzcoa),
que acabou coa vida de Isaias Carrasco.
Como educadores e educadoras comprometidos coa educación e a cultura de
paz, proclamamos o dereito á vida como un principio inviolable que está por
enriba de calquer ideoloxía, creenza ou relixión. Ningún fin xustifica
a violación dos dereitos humanos, comezando polo dereito á vida.
En segundo lugar, queremos expresar a nosa máis profunda
solidariedade coa familia e amigos da vítima. Compartimos e facemos
nosa a súa dóor.
En terceiro lugar, dadas as circunstancias de estar no último día da campaña
política para as eleccións ao parlamento español do próximo día 9,
requerimos a todos os partidos políticos e outras asociacións que
non caigan na tentación do uso do terrorismo e da dóor das vítimas
para fines partidarios.
En cuarto lugar, facemos un chamamento ao conxunto da cidadanía para ter a
coraxe cívica votando masivamente nas eleccións convocadas para o próximo día 9.
ETA non pode condicionar o noso voto nen a axenda democratica da sociedade.
En quinto lugar, Educadores pola Paz-Nova scola Galega suma a súa voz á
necesaria resposta cidadana diante deste novo atentado, e fai un chamamento
especial á comunidade educativa para que este atentado non pase
desapercibido. Que sexa un acto do que se fale e reflexione nos centros
educativos para que se convirta en semente de paz, en semente de esperanza.

No hay comentarios: